Noticias

A Deputación de Pontevedra financia en Cerdedo-Cotobade a adquisición dun inmoble destinado a servizos municipais na Chan

Trátase dun investimento de 82.000 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


30 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Cerdedo-Cotobade con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 82.000 euros para financiar a adquisición dun inmoble destinado a servizos municipais na Chan, Carballedo.

Máis polo miúdo, vaise adquirir un soar de máis de mil metros cadrados, en concreto 1.142 m2, no lugar da Chan (parroquia de Carballedo) co obxectivo de destinalo á prestación de diversos servizos municipais.