Noticias

A Deputación de Pontevedra financia dúas novas actuacións na comarca do Baixo Miño co Plan Concellos

Con máis de 50.000 euros adquiriranse contedores de lixo na Guarda e repararase un edificio no concello de Tomiño


14 abril 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos para comarca do Baixo Miño ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 53.171,11 euros. En concreto, vanse realizar actuacións nos concellos de Tomiño e A Guarda.

Máis polo miúdo, destinaranse 18.075,89 euros ao concello da Guarda para a adquisición de contedores de lixo e outros 35.095,22 euros para a reparación do edificio "Unión do Porvenir" en Tomiño.