Noticias

A Deputación de Pontevedra financia dúas novas actuacións en Campo Lameiro co Plan Concellos 2019

Con cerca de 65.000 euros levarase a cabo o reforzo do pavimento no camiño da Conla e a execución de muros en Parada


26 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o Concello de Campo Lameiro ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 64.011,27 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 30.000 euros para financiar a execución de muros no lugar de Parada; e, tamén, outros 34.011,27 para o acondicionamento, mellora e reforma do camiño da Conla.