Noticias

A Deputación de Pontevedra financia dúas novas actuacións en Baiona coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con cerca de 90.000 euros levaranse a cabo obras para un parque infantil e para a renovación do alumeado público en varias zonas rurais


28 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o Concello de Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 89.549,06 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 48.111,61 euros para financiar o parque infantil Centro Antena; e outros 41.437,45 euros para a renovación do alumeado público en varias zonas rurais do concello de Baiona.