Noticias

A Deputación de Pontevedra financia cinco novas actuacións no Porriño coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con máis de 160.000 euros financiarase actuacións como a ampliación das redes de abastecemento e saneamento no Contrasto, no Casal, en Liboeira ou Atios


15 maio 2019
Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, cinco novos investimentos para o concello do Porriño por un importe total de 161.944,93 euros.

Máis polo miúdo, O Porriño recibirá 48.389,03 euros para a ampliación das redes de abastecemento e saneamento no Contrasto; 48.398,18 euros para a rede de saneamento no Casal, Liboeira e Atios; 28.984,64 euros para a mellora dun camiño que vai da Pedreira a Cans; 18.095,80 euros para a dotación de dous xogos de canastras para as instalacións deportivas da rúa Doantes de Sangue, e 18.077,28 euros para a dotación de maquinaria para o ximnasio municipal.