Noticias

A Deputación de Pontevedra financia a urbanización da rúa Cal no concello da Guarda

Trátase dun investimento de 61.000 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


06 marzo 2019
Plan Concellos 2019

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para A Guarda con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 61.822,71 euros cos que a vila poderá financiar a urbanización da rúa Cal entre os números 124 e 138.

Máis polo miúdo, a actuación comprende as obras de urbanización e mellora dos servizos existentes na rúa Cal, a realización dun carril para vehículos en sentido único e a execución dunha levada central para recollida de pluviais. Ademais, tamén se van a realizar as demolicións e levantado do pavimento actual, obras para a apertura da caixa e gabias de instalacións, a renovación da canalización de saneamento e pluviais separativa, a execución dos pozos de rexistro, e execución da nova rede de abastecemento.