Noticias

A Deputación de Pontevedra está aplicar con máximo rigor o exhaustivo protocolo de actuación nos casos da COVID-19

A próxima semana terá lugar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde para avaliar a situación e estudiar novas medidas cara á conciliación


31 agosto 2020

A Deputación de Pontevedra convocou ao Comité de Seguridade e Saúde a unha reunión a próxima semana para avaliar a adaptación dos protocolos e de novas medidas ante a nova situación da COVID-19 e os casos positivos na institución, aínda que derivan de contaxios rexistrados no ámbito privado. Tanto os casos positivos como ás persoas que estiveron en contacto con eles están nas súas casas pasando a corentena, en aplicación inmediata do protocolo da Deputación, en canto se tivo coñecemento por parte do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e de Recursos Humanos que son os departamentos responsables do seguimento.

O protocolo para a actuación nun caso sospeitoso de contaxio, do que se deu coñecemento ao persoal e aos sindicatos, é o máis exhaustivo e avanzado que ten calquera administración pública, aínda que obviamente non hai risco cero: a persoa afectada quédase na casa; se lle fai a proba PCR; desenvólvese o seguimento das persoas coas que tivo contacto, quen tamén é enviada ao seu domicilio para iniciar a corentena; e procédese á limpeza e desinfección de todos os lugares, incluso daqueles onde estiveron as persoas sospeitosas dun posible contaxio que logo dan negativo.

Ademais, na reunión cos sindicatos da próxima semana, se tratarán novas decisións e propostas, cara á conciliación, para a adaptación da Resolución presidencial aínda que está en vigor e xa contempla ata finais do mes de setembro a posibilidade de teletraballo para persoas con fillos e fillas en idade escolar para seguir a facilitar que as familias con menores poidan conciliar.

O Goberno provincial tamén volveu a instar ao persoal da Deputación de Pontevedra a extremar as medidas de responsabilidade persoal en canto á protección, limpeza e hixiene, en cumprimento da normativa sanitaria, tanto no desempeño da súa actividade profesional como no seu ámbito privado a fin de minimizar o risco de contaxios.