Noticias

A Deputación de Pontevedra destina máis de 20.000 € á Estrada no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 71,67% do total destinado á Estrada dentro do Plan, cun investimento de máis dun millón de euros


24 xullo 2017
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega ao concello da Estrada no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 23.474,73 € para o subministro de mobiliario para o conservatorio municipal. a pavimentación de diversas vías urbanas.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara á Estrada outros 617.109,44 €, en liña 1 de investimentos, para á pavimentación de vías do concello. Ademais, outros 174.500 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes e a realización de diversas actividades como as escolas deportivas municipais, o "Outono no Principal", a Festa do Salmón, a Cabalgata de Reis, o campus deportivo de verán ou circuítos de carreiras, entre moitas outras. Finalmente, 306.439,38 € cos que A Estrada puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.

Coa suma desta nova achega, A Estrada xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 71,67% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 1.121.548,82 € dun total de máis de millón e medio de euros.