Noticias

A Deputación de Pontevedra aproba unha nova achega de máis de 11.000 euros para o Concello de Baiona

Con este novo investimento, o Goberno de Carmela Silva financiará a adquisición de 8 unidades de colectores de lixo grandes de carga lateral, 2 pequenos e 12 centradores


01 novembro 2018
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante unha resolución presidencial, unha nova achega para Baiona ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 11.387,04 euros cos que a vila do Val Miñor poderá mercar oito colectores de lixo grandes con carga lateral, dous unidades pequenas e 12 centradores que serán destinados ás parroquias de Baiña e Belesar.

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial ao través da Liña 1 do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente un importante investimento para Baiona. En concreto, 168.995,46 euros para a reurbanización e acondicionamento do acceso á Igrexa de San Lourenzo de Belesar e da praza Antonio Taboada Tabanera.

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 40.000 € no que corresponde á liña 2 e tamén outros 208.237,36 € que foron destinados á financiación da contratación de 38 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

A Deputación destina este ano a Baiona, ao través do Plan Concellos, un total de 1.582.966 euros, un 76,71 % máis que en 2017.