Noticias

A Deputación concede unha nova axuda ao Concello de Soutomaior para o seu parque infantil

A Deputación de Pontevedra leva adxudicados 173.339,57 € a Soutomaior, o 36,56 % do total destinado ao concello dentro da Plan Concellos 2016


29 abr 2016

A Deputación provincial ven de adxudicar, mediante resolución presidencial, unha nova axuda ao concello de Soutomaior a razón da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

A contía, que ascende a 19.553,60€, destinarase á renovación do parque infantil de Veiguiña Longa e para a subministración de elementos.

Esta achega súmase ás recibidas anteriormente por parte da Deputación. No marco da liña 1, o concello ten recibido 29.316,39 € para á mellora dos lavadoiros da Carrola e Pedreira; 17.781,37 €, liña 3, destinados ao financiamento da festa da ostra en Arcade, actividades do verán 2016 e actividades do entroido; e 106.688,21 €, liña 4, para a contratación de 17 traballadores e traballadoras que están a realizar a súas labores no concello.

No primeiro trimestre do ano a Deputación provincial leva destinados a Soutomaior 173.339,57 € dentro do Plan Concellos 2016, o que representa o 36,56 % do total destinado ao concello.