Noticias

A Deputación concede unha axuda ao Concello de Lalín para a conservación de camiños municipais

A Deputación de Pontevedra destinou 1.690.403,48 € a Lalín, no marco do Plan Concellos 2016, dos cales o 34,21% xa foron adxudicados


01 may 2016

A Xunta de goberno da Deputación provincial ven de conceder unha nova achega ao concello de Lalín, a razón do Plan Concello 2016. A subvención, enmarcada na liña 1, investimentos, ascende a 126.859,88 €, destinados á conservación dos camiños municipais das parroquias de Vilanova, Maceira, Goiás, Vilatuxe e Zobra.

Esta concesión  engádese ós 35.924,69 € outorgados, no marco da mesma liña, para o equipamento da nova biblioteca municipal do concello; 63.390,13 €, liña 3, destinados ao financiamento de campamentos de verán, ciclo de música na rúa, guía de roteiros, Feira do Cocido e para gastos de funcionamento do conservatorio profesional de música; e 352.170 € para a contratación de 34 empregados e empregadas que están a desempeñar as súas labores no concello.

No que vai de ano o goberno provincial leva destinados ao concello un total de 578.344,7 €, dos 1.690.403,48 € concedidos a Lalín dentro do Plan Concellos 2016, o que representa o 34,21 % do total.