Noticias

A Deputación aproba unha achega para actuacións de aforro enerxético en Cerdedo-Cotobade ao abeiro do Plan Concellos 2020

A institución provincial destina 24.000 euros a este proxecto dedicado a mellorar o alumeado público e a súa eficiencia


01 maio 2020
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha achega por 23.999,80 euros a Cerdedo-Cotobade ao abeiro da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2020 que financia a institución provincial.

Esta subvención servirá para financiar traballos destinados ao aforro enerxético proxectados nas zonas de Laxoso, A Devesa-Barbeira, Serrapio, Figuerosa, Loureiro, Framil-Verdia, Insua-Milladoiro, Parada-Mouteira, Cachofés-O Casal, Covas, Outeiro-Quinta, Cernados, Revolta e Vilariño.

A través destas actuacións prevese a instalación de luminarias novas con tecnoloxía LED, máis eficientes a nivel enerxético, para substituír as actuais, ademais da incorporación de novos elementos aos cadros eléctricos. Con estes traballos preténdese mellorar a calidade do alumeado público, tratando de proporcionar uns niveis de iluminación axeitados ás diferentes zonas segundo o tipo de núcleo e a densidade de tráfico, así como reducir o consumo eléctrico das instalacións municipais e, por conseguinte, o importe da factura eléctrica.