Noticias

A Deputación aproba cinco achegas para Crecente por un valor de máis de 220.000 euros

Con estes novos investimentos a vila poderá levar a cabo actuacións como a pavimentación de varias viarios da vila e a mellora de muros de contención


21 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou por Resolución presidencial cinco novas achegas para o Concello de Crecente ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon á disposición da vila un total de 221.734,66 euros.

Máis polo miúdo, Crecente recibirá 43.314,57 euros para a pavimentación de viarios nas parroquias da Quintela e O Freixo; 44.228,11 euros para a mellora de camiños nas parroquias de A Ameixeira, Angudes e Rebordechán; 36.038,08 euros para a execución de muros en Mandelos, Cotiño e A Rubia e pavimentación en Vilar-Crecente; 48.153,90 euros para o ensanche de viarios en Ribeira e Albeos, e 50.000 euros para cubrir a achega municipal do proxecto do "Plan DepoRemse" de mellora integral e accesibilidade en accesos ao CEIP, Residencia da 3ª idade e o Centro de Saúde.