Noticias

A Deputación aproba a inversión de 800.000 euros na Aula de Vigo da UNED

No convenio co concello de Vigo establécese a reforma de tres plantas do auditorio "Mar de Vigo" e a dotación de mobiliario para aulas e despachos


08 mai 2016

A Xunta de Goberno Deputación de Pontevedra aprobou na súa xuntanza o convenio de colaboración co concello de Vigo polo que a institución provincial concederá unha axuda para as obras de reforma de tres plantas del auditorio "Mar de Vigo" para instalación da Aula de Vigo da Universidade Nacional a Distancia (UNED).

O convenio contempla unha axuda máxima de 600.000 euros para as obras necesarias de reforma para a adecuación destas tres plantas como aulas, despachos e salas para a realización dos cursos da UNED. Tamén contempla outra subvención de 200.000 euros para a dotación de mobiliario e demais servizos nestas mesmas tres plantas.

Esta actuación enmárcase no protocolo oficial acadado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo o pasado mes de novembro polo que se regulan as inversións da institución provincial na cidade olívica e que establece que estás deberán ser fixadas mediante os correspondentes convenios independentes.

A Aula de Vigo da UNED, no acordo de creación de 2012, en principio, titorizaría as ensinanzas do curso de acceso directo a universidade para maiores de vinte cinco anos e organizaría actividades non regradas para alumnos da cidade e a súa zona de influencia.

A titorización das actividades non regradas incluídas nos programas da UNED de Extensión Universitaria e Cultural, UNED Sénior, Cursos de Verán e Cursos do Centro Universitario de Idiomas a Distancia e a implantación progresiva na mesma Aula de Vigo da titorización dos novos grados de Dereito, Educación Social, Enxeñería Informática, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Turismo, Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia e Historia da Arte demostraron que son necesarios novos espazos polo aumento da demanda dos propios alumnos, polo que o concello de Vigo decidiu trasladar as súas instalacións inicias ao auditorio "Mar de Vigo" e dispor destas tres plantas para as súas dependencias.


Novas relacionadas

Formación

12 xullo 2017, cursos, uned, verán, verano
Presentación dos cursos da UNED

22 xuño 2017, cursos, uned, cursos de verano, cursos de verán