Noticias

A Deputación aproba a adxudicación do servizo de formación do proxecto DepoEMPRENDE 2017

Carmela Silva explicou que "este proxecto servirá para fomentar o emprendemento, a incorporación ao mercado laboral e desenvolver competencias emprendedoras"


15 abril 2018
DepoEmprende 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de formación para persoas emprendedoras no marco do proxecto DepoEMPRENDE 2017, que segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra "ten un importe de 117.232 euros".

Carmela Silva tamén detallou que "é un proxecto aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo". As persoas beneficiarias serán persoas desempregadas da provincia de Pontevedra priorizando colectivos con maior risco de exclusión no mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con disfuncionalidade, persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social).

"DepoEMPRENDE 2017 é un proxecto que ten por obxectivos fomentar o emprendemento, promover a incorporación ao mercado laboral e desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas a buscar mecanismos de empregabilidade".

Os módulos formativos impartiranse en Barro, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, dúas edicións, e Vigo, outras dúas.