Noticias

A comarca de Vigo fomentará actividades culturais a través de 50 proxectos enmarcadas dentro do Ano Castelao

Na comarca de Vigo foron aprobados 50 proxectos de asociacións e agrupacións culturais por un importe total de 90.347,43 euros


19 ago 2016

O obxecto desta liña de axudas, convocada en réxime de concorrencia competitiva, é o de promover e fomentar actividades culturais enmarcadas dentro do 'Ano Castelao' realizadas por persoas físicas e xurídicas sen fins de lucro. En total foron aprobados 164 proxectos presentados por asociacións e agrupacións culturais de toda a provincia. Por comarcas, en Deza e Tabeirós – Terra de Montes concedéronse 13 proxectos, no Morrazo 24, no Salnés 18, na comarca de Caldas 12, no Baixo Miño 16, no Condado – Paradanta 7, na comarca de Pontevedra 24, e na de Vigo 50.

Convén lembrar que esta liña dá cabida a proxectos e propostas enfocadas a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais, e en especial as disciplinas que cultivou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou as que están relacionadas coa súa figura, e que contribúen á modernización e recuperación da cultura galega. A través destas axudas apóianse actividades tales como as xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica; as actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico; os festivais de corais, de música e baile tradicional; os intercambios culturais; e outros eventos nos que se fai referencia á figura de Castelao. 

Para a adxudicación destas subvencións, as bases reguladores contemplaban catro criterios: a difusión da actividade, segundo sexa de ámbito local, provincial, nacional ou internacional; o orzamento total da actividade; a porcentaxe solicitada de financiamento; ea adecuación da actividade ao interese provincial. 

Comarca de Vigo

Nos concellos da comarca de Vigo o número de proxectos aprobados ascende a 50, que en total suman 90.347,43 euros. Do concello de Vigo concedéronse 32 proxectos: "VI Certame da canción mariñeira e popular" da Asociación Antigos Mariñeiros de Etea; "Participación no XX Festival Intercéltico de Occidente en Tapia de Casariego" da Asociación Folclórica Corisco; "III Festa da Convivencia" da Asociación Irmandade de Santa Ana Beade; "XXVII Festival Folclórico Internacional" do Centro Recreativo e Cultural de Cabral; "Intercambio Cultural en New York" da Asociación Cultura Xarabal; "Festival de baile moderno" da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais; "Encontro Folclórico" do Centro Cultural Veciñal e Deportivo Vigo Centro; "Festival folclórico" da Asociación de Veciños de Beade; "Festival do canto coral das autonomías" da Agrupación Musical Lira de San Miguel; "Quen foi: Alfonso, Daniel, Manuel Rod´riguez Castelao" da Asociación Benéfica Beiramar de Vigo; "Ciclo de Conferencias" da Asociación Amigos dos Pazos;  "Festival de Corais de Primavera" da Agrupación Cultural Galicia Social; "IV Concurso de canto e percusión tradicional" da Asociación Cultural Traspés; "XXII Edición dos Premios Lois Peña Novo" da Fundación Lois Peña Novo; "Xornadas de narración e música en vivo" da Asociación Catropatacos; "Castelao, un patrimonio común" do Centro Veciñal e Cultural de Valladares; "Castelao con tranca e retranca" do centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares; "Intercambio Cultural Internacional" da Unión Musical de Valladares; "I Mostra de artes escénicas ‘Castelao a escena" da Asociación de Mulleres Pedra da Vella; "I Concurso ‘Cstelao, inspíranos' de artes plásticas" da Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil de Vigo; "Festival de baile" da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Helios; "Mostra de coros tradicionais ‘Cantándolle a Castelao" da Asociación da Terceira Idade Nevox; "I Xornadas Sempre en Galiza. Castelao na memoria e acción da mocidade" de Galiza Nova; "Concurso de oratoria e regueifa. Falando como Castelao" da Asociación Oral (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia); "Serán de Beirán" da Asociación Cultural Lameiro de Beirán Matamá; "Castelao en Ategal. Artes e letras vivas" da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos; "IV Concurso MentalizARTE" da Asociación Xaruma; "Ano Castelao" da Casa de Andalucía en Vigo; "Poñer en valor as diferentes facetas de Castelao" da Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico; "Comparte as túas raíces IV. Lembranzas de Castelao" da Asociación Acción Solidaria Galicia; "Mostra de Cine ‘ano Castelao" da Asociación Cultural Reencanto Producións; e "Viaxe a Los Ángeles" da Asociación Galirockers. 

En Redondela foron 7 os proxectos concedidos: "Festa de música tradicional" da Asociación Deportiva e Cultural de Rande; "Intercambio cultural" da Asociación Cultural e Social de Chapela; "V Certame de corais" da Asociación Cultural e Deportiva Cidadelle; "Xornada ‘A memoria do fogar Méndez Núñez" do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy; "VI Festival de corais de cancións habaneiras e música mariñeira" do Círculo Cultural Recreativo de Chapela; "XII Certame de Corais" do Centro Social Cultural Recreativo de Cedeira; e "Intercambio cultural" do Grupo de Baile Anaquiños: En Mos tres: "IX Concerto O Son dos Cantares" da Asociación Cultural O Son dos Cantares; "Intercambio Cultural" da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso; e "XV Edición da Festa da Prehistoria" da Asociación Cultural Festa da Prehistoria. En Gondomar tamén se concederon 3 proxectos: "Certame de Corais" da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe; "Semana Cultural do XXIII Festival Folclórico Internacional" do Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros d eGondomar; e "Moura Rock. En vivo e en directo" do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chain.  En Baiona 3 proxectos: "Intercambio cultural coa sociedade filarmónica de Moes, Castro Daire, Viseu" da Agrupación Musical de Belesar; "XX Festival Folclórico Baíña" da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa; "Intercambio cultural a Oviedo" da Escola de Danza Vila de Baiona. En Salceda de Caselas concedeuse para o "Festival de música tradicional" da Asociación de Veciños Carballeira-Picoña; e no Porriño para a "Xornada ‘Viaxando na emigración de Atios a través de Castelao" da Asociación Cultural os Penediños.

 

Novas relacionadas