Noticias

A Deputación adxudica 20 mil euros ao Concello de Vila de Cruces para a adquisición dunha máquina retroexcavadora

O goberno provincial leva investidos 337.102,77 € no concello, o que representa o 57 % do total destinado a Vila de Cruces no marco do Plan Concellos 2016


29 abr 2016

A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar unha nova subvención ao concello de Vila de Cruces por un importe de 20.554.39 €, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2016. A contía destinarase a adquisición dunha máquina retroexcavadora.

Esta axuda hai que sumala aos 89.894,76 € concedidos pola institución, no marco da liña 1, para o acondicionamento dunha zona recreativa, dunha zona verde e para a mellora de camiños na parroquia  de Santomé de Obra; 88.643,94 €, liña 2, destinados ao financiamento de gasto corrente; 22.160,98 €, liña 3, investidos no XXIII Festival de bandas de música e XIII Festa gastronómica do galo de curral; e 115.848,70 € para a contratación de 11 traballadores e traballadores que están a desempeñar a súas tarefas para o concello.

No que vai de ano a Deputación provincial leva entregados o 57 % do total destinado a Vila de Cruces, a razón do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 337.102,77  €.