Noticias

A Deputación achégalle arredor de 40.000 euros ao Concello de Bueu para a mellora das súas redes de abastecemento e saneamento

Con estes investimentos do Plan Concellos 2020 a vila financiará a ampliación da rede municipal na parroquia de Santa María de Cela


01 maio 2020
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, aprobou a primeira achega do Plan Concellos 2020 para Bueu.

Concretamente, trátase dun investimento de 38.167,54 euros para levar a cabo o proxecto de ampliación da rede municipal de abastecemento e saneamento no lugar de Castrelo, na parroquia de Santa María de Cela.

O concello de Bueu solicitou este investimento debido á necesidade de levar a cabo o proxecto, xa que na lugar de Castrelo hai vivendas que actualmente carecen de subministración. Toda a superficie sobre a que se actuará pertence ao viario público.