Noticias

A Deputación achega case 500.000 € dentro do Plan Concellos para diversas actuacións en Tomiño

A institución provincial leva entregado o 71% do total destinado a Tomiño dentro do Plan Concellos 2016, o que representa un investimento de 877.794,59 € na vila


15 mai 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación de varias axudas ao concello de Tomiño enmarcadas dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. 200.000 € serán destinados á reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos do Concello, outros 200.000 para o saneamento en Carregal de Abaixo e, por último, 258.389,11 € para o saneamento nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val, así coma a conexión coa fase IV do saneamento na vila.

Esta nova dotación do Plan Concellos engádese á anterior contratación de 25 traballadoras e traballadores no concello, para os cales a liña 4 destinou a cantidade de 219.405,48 €.

Nesta primeira etapa de 2016, o Goberno provincial xa asignou o 70,9% dos presupostos destinados a Tomiño ao abeiro do Plan Concellos 2016, acadando un total de  877.794,59 € investidos.