Noticias

A Deputación achega 150.000 € para a Fundación Semana Verde de Galicia


10 out 2016
Xunta de Goberno
Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo a un convenio de colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia para apoiar economicamente as súas actividades en 2016. A través deste convenio, o ente provincial achegará 150.000 € para financiar as actividades e accións que a Fundación organiza e xestiona durante 2016.

Dende o Goberno provincial preténdese contribuír así ao impulso de sectores estratéxicos para a nosa provincia, como son o gandeiro, agrario, forestal ou agroindustrial. A través deste convenio, Deputación e Fundación colaborarán para pór en valor algúns dos sectores máis importantes da provincia.

A Fundación Semana Verde de Galicia é unha organización sen ánimo de lucro, de interese galego, que ten entre os seus fins a contribución ao sector agrario galego a través de actividades feirais e mercados agropecuarios; promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de feiras e promocións no eido agrario, alimentario, industrial e comercial; impulsar a mellora continua dos devanditos sectores; e por último, reforzar a posición estratéxica de Galicia como plataforma feiral.


Novas relacionadas