Noticias

A comarca de Vigo acolle este mes de xullo catorce novas accións formativas do programa Smartpeme


07 xullo 2019
Smartpeme Vigo

As oficinas do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de xullo un total de 14 accións formativas (4 en Vigo, e 5 no Porriño e en Ponteareas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, SmartPeme oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A oficina de Vigo acollerá os seguintes obradoiros: Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, o xoves 11 de xullo, ás 19 horas. O martes 16, ás 17 horas, terá lugar Crea unha Páxina Profesional con Wordpress. O xoves 18 de xullo, ás 17 horas, impartirase Como Mellorar o Posicionamento Local da túa Empresa Turística. A última acción formativa deste mes será Woocommerce: a Solución que Buscabas para Vender por Internet, o martes 23, ás 18 horas. A oficina SmartPeme de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.

A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o martes 9, ás 19 horas, co curso O teu Contido Efémero: Stories en Facebook e Instagram. Pluggins de Wordpress para Mellorar a túa Web chegará o martes 16, ás 19 horas. O xoves 18, ás 19 horas, impartirase Emprego de Vídeo nas Redes Sociais: Youtube. A acción Como Mellorar o Posicionamento Local da túa Empresa Turística terá lugar o martes 23, ás 17 horas. E, por último, o martes 30, ás 19 horas, terá lugar Fotografía para Xoiería. A oficina SmartPeme do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

Por último, as quendas para o mes de xullo na oficina de Ponteareas comezan o xoves 11, ás 17 horas con Empresas de Actividades Turísticas e Plataformas de Comercialización en Liña. A seguinte acción será O teu Plan de Márketing Dixital Paso a Paso, o martes da semana seguinte, día 16, ás 19 horas. O curso Obtén Valor dos teus Datos con Google Data Studio chegará a Ponteareas o xoves 18, ás 18 horas. O martes 23 de xuño, ás 19 horas, impartirase Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping. E, para rematar, Crea unha Páxina Profesional con Wordpress terá lugar o martes 30, ás 18 horas. A oficina SmartPeme de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.

As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Por último, as quendas para o mes de xullo na oficina de Ponteareas comezan o xoves 11, ás 17 horas con "Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña". A seguinte acción será "O teu plan de márketing dixital paso a paso", o martes da semana seguinte, día 16, ás 19 horas. O curso "Obtén valor dos teus datos con Google Data Studio" chegará a Ponteareas o xoves 18 ás 18 horas. O martes 23 de xuño, ás 19 horas, impartirase "Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping". E, para rematar, "Crea unha páxina profesional con Wordpress" terá lugar o martes 30, ás 18 horas. A oficina "SmartPeme" de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.