Noticias

44 concellos da provincia de Pontevedra reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas


28 agosto 2020

Estas axudas da Deputación de Pontevedra, destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes, contan na súa quinta edición cun orzamento de 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e delas beneficiaranse 44 concellos da provincia, un máis que no 2019. O obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas, tanto no eido da concienciación como no da formación. Esta cooperación entre institucións é fundamental ó tratarse dos niveis máis próximos á cidadanía e polo coñecemento que os concellos teñen da súa poboación.

Comarca de Ulla-Umia

Concedidas subvencións por un total de 29.323 euros a seis concellos da comarca de Ulla-Umia coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Comarca de Vigo

Axudas concedidas por un total de 42.287 euros a oito concellos da comarca de Vigo co fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas e Soutomaior os que se beneficien destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Comarca de Pontevedra

Un total de 22.705,34 euros a catro concellos da comarca de Pontevedra coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Barro, A Lama, Poio e Ponte Caldelas os que se beneficien destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Comarca do Salnés

Oito concellos da comarca do Salnés reciben un total de 44.774,11 euros co fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa os que se beneficien destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Forcarei

Forcarei centraliza as axudas da Deputación de Pontevedra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes ao recibir unha achega de 5.568,45 euros que irán destinados ao fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. En concreto, o concello levará a cabo "Paseo con mulleres", un proxecto de empoderamento e visibilización do traballo das mulleres de Forcarei que rematará cunha exposición fotográfica comisariada por unha profesional veciña deste municipio.

Comarca de Deza

Concedidas subvencións a catro concellos da comarca de Deza po un total de 18.108 euros co fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Agolada, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces os que se beneficien destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Comarca do Condado

A comarca do Condado recibe un total de 21.325,31 euros a catro concellos da comarca do Condado coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Concellos de Bueu

Bueu centraliza as axudas da Deputación de Pontevedra na comarca do Morrazo ao recibir unha achega de 6.000 euros que irán destinados ao fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. En concreto, o concello elaborará con esta axuda unha guía sobre corresponsabilidade e novas masculinidades.

Comarca do Baixo Miño

A Deputación de Pontevedra concedeu subvencións por un total de 21.010 euros a catro concellos da comarca do Baixo Miño coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Comarca da Paradanta

Axudas concedidas por un total del 18.899,01 euros aos catro concellos da comarca da Paradanta coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente beneficiaranse destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Reparto detallado por comarcas (pdf)