Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Cofre de maquillaxe", Olalla Cociña Lozano

Martes 07 de febreiro, ás 12:00 h
IES Pazo da Mercé. As Neves

Isabel León

Título: Cofre de maquillaxe

O ano pasado unha canle pública da televisión marroquí emitiu un titorial de maquillaxe para ensinarlles ás mulleres maltratadas como camuflar as feridas e os negróns provocados polo maltrato das súas parellas ou familiares. Da agresividade destas imaxes parte Cofre de maquillaxe, unha reflexión poética sobre a ocultación das formas máis sutís do machismo e da violencia de xénero, aquelas que pasan desapercibidas diariamente, e a manipulación destas nos discursos mediáticos. Dez pasos para estar perfectamente pechada dentro dun cofre de maquillaxe.

IMPORTANTE: A foto é de Daniel Duarte.

Olalla Cociña Lozano (Viveiro, Lugo, 1979)

Publicou os poemarios As cervicais da memoria (VIII Premio de Poesía Avelina Valladares, Fervenza, 2004), Aquí (intemperies) (Compostela/Grupo Correo Gallego, 2005), Libro de Alicia (VIII Premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior, 2008), Ningún precipicio (Toxosoutos, 2013; traducido ao castelán para Diminutos salvamentos, 2017) e Vestir a noite (XIV Premio de Poesía Afundación 2016, Centro PEN Galicia, 2017). A súa obra pódese atopar en antoloxías como Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005), Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (Bubela, 2012), Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013) ou Punto de ebullición: antología de la poesía contemporánea en gallego (Fondo de Cultura Económica, 2015). Entre 2011 e 2015 coorganizou en Compostela o ciclo de lecturas poéticas Picaversos. É xornalista e impartiu obradoiros de animación á escritura e á lectura. Forma parte da banda de jangle pop Atrás tigre.

Galería de imaxes