Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"No apoio está a liberdade", Lara Torres

21 xuño de 2018 ás 12 h
Pavillón Polideportivo Municipal, Catoira

Lara Torres

Título: No apoio está a liberdade

A violencia de xénero é un grave problema que hai que erradicar.

Nesta obra o que se pretende destacar é a importancia do apoio que as vítimas necesitan recibir. É fundamental que se sintan apoiadas e protexidas polo seu contorno máis próximo para non ter medo de romper esa roda que as escraviza e mortifica. Ademais, cando teñen fillas e fillos a situación vólvese máis complexa, xa que se lles presentan moitos máis obstáculos para poder liberarse por fin. A familia, as amizades, todo o contorno ten que axudar.

Nesta obra trabállase cos conceptos de unidade e apoio.

Lara Torres

Técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Desde os comezos enfocou a súa formación cara ás ensinanzas artísticas, intentando facer da súa paixón a súa profesión, e en ningún momento abandonou a experimentación en canto a técnicas e modos de aplicar a pintura.

Adoita traballar con técnicas tradicionais pero deixando lugar ás técnicas dixitais, coas que tamén se sente moi cómoda. Partindo dunha formación pictórica realista, Lara Torres sempre se interesou polo mundo da ilustración, sobre todo a infantil e xuvenil, e continúa a explorar ambas as facetas que de algún xeito se complementan na súa obra. Recentemente fixo a súa incursión no mundo do muralismo e confesa que realmente é algo que engancha.

Grazas á pintura realista aprendeu a dominar espazos, volumes, formas, matices… e moi especialmente o mundo do retrato.

As súas cores vivas e liñas orgánicas proceden, sen dúbida, do mundo da ilustración.

Galería de imaxes