Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Extrema presenza", Elisa Miravalles Arija

12 marzo de 2018 ás 12 h
Praza do Concello, en caso de choiva no Salón Peña, Cambados

Isabel León

Título: Extrema presenza

Todas as súas performances son irrepetibles e en cada unha delas existe un gran contido de improvisación. Debido a que estas dependen do estado "do ser" no que se atope nos días anteriores á acción, nunca pode asegurar con exactitude como se levará a cabo a representación. En Extrema presenza traballará nun espazo aberto e público do Concello de Cambados, utilizando a forza e a presenza do seu corpo como fío condutor entre os materiais escollidos, o tempo e o espazo presentes, creando una acción dotada dunha grande intensidade estética, sonora, física e emocional que non deixará o público indiferente.

Elisa Miravalles Arija

Elisa Miravalles é unha artista visual e de performance, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, cun mestrado en Investigación, Arte e Creación realizado na mesma entidade. Entre os seus últimos traballos de performance destacan:

  • Cantos como islas, acción realizada no Círculo de Arte de Toledo
  • Acción-oración-horadación, realizada no VI Encuentro de Performance Matsu (Madrid, 2017)
  • Culiebra, actuación e proxecto realizado durante a Residencia de Artistas de Performance en Columbiello (Asturias), organizado pola Asociación ACCIÓN!MAD
  • Ascenso-descenso en rojo, realizada no festival de Accion Spring(t) (Madrid)
  • Formas de latir, realizada no Espacio Cultural Nave 73, con motivo do festival Femme Journeys, organizado por Pangea Cultura (Madrid)
  • Pasarela, acción realizada en La Casa del Reloj (Madrid)
  • Los restos del impacto, realizada no Festival Internacional Acción!MAD
     

Galería de imaxes