Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Decisión", Dúas

3 maio de 2018 ás 12 h,
Praza da Igrexa de Silleda

Dúas

Título: Decisión

Por medio de dous instrumentos de percusión moi diferentes en canto á sonoridade, preténdese representar dúas personaxes inmersas nunha acción, unha historia, unha vida, unha decisión; esa decisión que ás veces é tan difícil de tomar debido ao medo, á presión, ao pánico...

Intentarase plasmar a vida dunha muller que se sente atada, psicolóxica e fisicamente.

Ao longo da acción verase unha evolución, todo vai cambiando, pódese dicir que a muller non se esquece de pensar por si mesma e recupera a conciencia de que ela leva as rendas da súa vida e, o máis importante, o poder de DECIDIR. Que decidirá?

Dúas

Dúas dálle nome ao conxunto formado polas percusionistas galegas Marta Figueiredo Rodríguez (Ourense, 1988) e Sabela Caridad García (Sada, 1988).

Ambas foron alumnas do percusionista Alejandro Sanz, pero non se coñeceron ata o ano 2005, cando coincidiron por primeira vez nun encontro da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia (OXSG).

No verán de 2015, a partir de ideas e inquedanzas similares, decidiron facer realidade a formación. Trátase dun proxecto emprendedor cuxa idea principal é facer boa música a través de espectáculos próximos ao público.

Abarcan un amplo repertorio e interpretan obras de diferentes estilos, desde o período clásico ata o moderno e o contemporáneo, compaxinándoo con pezas da súa propia creación como Pollistes gallicus, obra para vibráfono e percusión, estreada o 25 de decembro de 2015 en Sada.

Galería de imaxes