Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Niños", Carmen Quinteiro

9 de agosto de 2018 ás 11:30 h
Praza Massó, Bueu

Carmen Quinteiro

Título: Niños

Performance na rúa

Un espazo e os acubillos –repartidos como niños– do que é no noso día a día e as mensaxes que habitan neles.

Textos e debuxos feitos por nenas e nenos.

Haberá unha lectura de textos coa seguinte intención:

"A infancia pasa moito tempo –sempre demais– tentando amoldarse a ese espazo vital (niño familia, niño sociedade) e aos seus estereotipos, sexan do tipo que sexan.

É momento de facer limpeza xeral e deter o noso día a día: botemos unha ollada ao niño que estamos a construír, porque negar a diversidade e ao mesmo tempo a igualdade é ter unha mirada absolutamente cega sobre o que é a vida.

Quen che diga que o niño que levas herdado desde que naces non determina o teu voo, que o pense mellor".

Carmen Quinteiro

Lectora desde que recorda, non comezou a escribir ata o 2008, primeiro como forma de desafogo vital e despois como xeito de acompañar o que vive, sente, descobre, esquece e aprende.

Poemas, microrrelatos, relatos curtos e aforismos compoñen o abano do que explorou a nivel literario ata o de agora e pensa que iso non será todo mentres quede papel e día a día para deixalo por escrito.

Ata o momento publicou Caleidoscopio (2015) e Desde esta orilla (2016).

Galería de fotos