Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Palabra en adival", Antía Otero

Martes 30 de xaneiro de 2018, ás 12:00 h
Salón de actos do IES Chano Piñeiro, Forcarei

Isabel León

Título: Palabra en adival

"Para coller a herba seca, pacas rectángulo coma onzas de chocolate, ela tíñanos preparados pares de luvas para non mancar os dedos. Repartíaos antes de saír ao campo. Evitabamos a escusa".

Isto non quere ser unha homenaxe á muller do rural desde unha visión folclórica, pintoresca, edulcorada e paisaxística. Isto non é hashtag, unha localización, unha etiqueta. Si un hipervínculo. Isto fala do traballo e da vida. De estar. Do que non sae na foto, ou si.

Antía Otero (A Estrada, 1982)

Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballou arredor da práctica escénica e da escrita. Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón con De porta un horizonte e publicou O son da xordeira en Espiral Maior en 2003, (Retro)visor en 2010 e O cuarto das abellas (Premio II Gala do Libro Galego) en 2016, ambos publicados en Edicións Xerais. A súa obra pode lerse tamén en publicacións colectivas como Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra), De cantares hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega) e Poesía hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas (Editorial Apiario).

Desde 2014 codirixe Apiario, un proxecto cultural onde se tecen obradoiros e cursos de formación literaria e artística cun selo editorial independente.

Galería de imaxes