Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Somdolilá

Marzo 2020 - Redondela

Título de la acción: Conversas de bo trato sen palabras

Somdolilá

A acción:

Día a día somos atravesadas por infinidade de violencias invisibles. Estas están presentes en todo o que nos entra polos sentidos e forma parte da nosa cotiandade. A nosa resposta é a reflexión e a visibilización destas a través dunha proposta multidisciplinar (tambores, palabras, corpo e as artes que recollen) que converxe coa intención de ser semente da transformación profunda cara ao bo trato. Poñemos así a arte e a creación como ferramentas de apoderamento, sororidade e transformación. Para iso, propoñemos unha andaina pola reflexión das violencias e a súa visibilización a través de linguaxes que só falan de equidade e harmonía. A través delas, mobilizarémonos para comprender que o equilibrio existe cando se forma parte dun todo, sempre respectando as individualidades. Montaremos unha peza rítmica na que involucraremos a voz e o corpo como un produto final, que nos levará a comprender que o mundo se muda desde a punta das nosas mans.

CV Somdolilá

Somdolilá consolídase como proxecto en 2018 despois de levar anos tecendo lentamente a idea de como levalo a cabo. Cos tambores como ferramenta, intentamos transmitir a sororidade ao escenario máis esixente do mundo: as rúas. O noso punto de encontro é na cidade de Santiago de Compostela, lugar que habitamos.

O grupo de mulleres que traballamos para desenvolver esta acción somos formadoras en diferentes ámbitos, con ampla traxectoria como educadoras e como artistas. Todas nós pertencemos ao grupo Somdolilá, onde nace a necesidade de confluír saberes para compartilos. As nosas formacións e experiencias no eido musical e de dinamización social fan que construamos os nosos obradoiros desde a individualidade para o colectivo, sabendo que as accións persoais son tamén actos políticos. Somos feministas, activistas e artistas, e estamos aprendendo a non dar puntadas sen fío, igual que outras o fixeron antes con nós.