Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Sheyla Fariña

Marzo 2020 - Cangas

Título da acción: O mito que mata

Sheila Fariña

A acción:

Existe o amor, existen as persoas románticas, existe o amor romántico e un mito sobre el que nos ensinan desde que nacemos. Na vida, nas escolas, na televisión, na literatura, na publicidade… É un mito que se interioriza de tal xeito que acabamos adoptando comportamentos insáns, tóxicos e mesmo perigosos, comportamentos que hai que analizar e sobre os que se debe reflexionar para desmontar un mito terrible, un mito que, na súa forma máis extrema, mata.

 

 

 

 

CV Sheyla Fariña (Tordoia, A Coruña, 1986)

Actriz galega de teatro, televisión e cinema, licenciada en Arte Dramática e con experiencia docente e no ámbito da educación social. Comeza a súa carreira profesional cunha personaxe secundaria na serie de TVG Valderrei, e logo alterna a súa formación con outros proxectos audiovisuais coma Vilamor, Serramoura, Acacias 38, Vidago Palace ou Pazo de familia. O seu último proxecto audiovisual é a película galega María Solinha, que se estreará a mediados do ano 2020. Fai teatro desde nena na escola e posteriormente en compañías afeccionadas ata que entra na compañía de teatro Redrum, de Santiago de Compostela, coa que traballa en varias montaxes de teatro infantil coma Roedores, A nena que quería navegar e Contos do recreo. Actualmente é unha das actrices de Invisibles, de Redrum Teatro, un espectáculo impulsado por ela mesma e baseado na novela homónima de Montse Fajardo, na que se contan sete historias reais de sete vítimas de violencia de xénero. Implicada en accións feministas e en contra da violencia de xénero, colaborou en varias ocasións coa Rede de Mulleres de Vigo contra os Malos Tratos e coas ONG InterRed e Feminista Ilustrada.