Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Rosalía Fernández Rial

Febreiro 2020 - Mos

Título da acción: Libre é o meu corazón

Rosalía Fernández

A acción:

En Libre é o meu corazón Rosalía Fernández Rial dirixirá un grupo de adolescentes na realización dunha acción poética e escénica na que dialogarán os versos de Rosalía de Castro con outros creados a partir dos primeiros. A proposta, de carácter interdisciplinar, introducirá o alumnado, protagonista do proceso e do produto final, na arte e na literatura contemporáneas. Quedará espazo para a improvisación e o feedback constante entre participantes.

 

 

 

 

CV Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988)

Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988) interpretou un papel académico como licenciada en Filoloxía e doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Da súa tese deriva, precisamente, o ensaio Aulas sen paredes, premiado na II Gala do Libro Galego. Pero o seu instinto de performer logrou que nunca se separase da acción creativa contemporánea. Como poeta publicou, entre outros, os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016), títulos que levou a escena con propostas interdisciplinares nas que conflúen a música, a performance, as artes plásticas e o audiovisual. En canto á súa estrea na narrativa de ficción, esta produciuse con Bonus track (2018), un libro de relatos curtos tecidos con letras de cancións e últimas esperanzas. A vida segue propoñéndolle novos roles, por iso esta autora permanece en constante transformación.