Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Noemí Núñez

Agosto 2020 - Mondariz

Título da acción: SEMENTE SALVAXE

Noemí Núñez

A acción:

Trátase do fortalecemento da autoestima e do amor propio, así como do autocoidado e do autoconcepto, aspectos que resultan fracturados pola desigualdade e a violencia de xénero, o que acaba repercutindo nunha anulación da forza. Cultivar un xardín salvaxe e forte, desacreditando os estereotipos de debilidade e inferioridade asociados sobre todo coa feminidade.

CV NOEMÍ NÚÑEZ (O Cebreiro, Lugo, 1987)

Graduada en Belas Artes, técnica en Serigrafía Artística, Gravado e Técnicas de Estampaxe, complementa a súa formación cursando un máster de Ilustración e Animación Audiovisual na Universidade de Vigo. Desenvolve a maior parte do seu traballo no campo da pintura, as artes grá¿cas e o muralismo, e participa en proxectos coma Vigo, Cidade de Cor, onde realiza varios murais en distintos colexios da cidade. Tamén participou en "Deporuarte" achegando a pintura mural e o arte urbano aos colexios das zonas rurais de Pontevedra mediante obradoiros coa participación do alumnado. A maioría da súa obra é pictórica; utiliza a pintura de forma material, buscando volume e tridimensionalidade. No seu imaxinario xorde a creación de retratos e ¿guras, criaturas e personaxes que oscilan entre a comicidade e o tenebroso. Expón a súa obra na Bienal de Pintura do Eixo Atlántico e na Bienal de Pintura Pintor Laxeiro de Lalín entre outras, así como en diversas feiras de artistas a nivel nacional. Na actualidade dedícase á realización de traballos de pintura mural e proxectos de serigrafía téxtil.