Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Nana

Outubro 2020 - Tui

Título de la acción: QUEDA NA CASA

Nana

La acción:

#Quedanacasa é a frase coa que se recordará este 2020. A recomendación para sobrevivir ao virus é permanecer a salvo nos nosos fogares. Pero en moitos casos o fogar non é un sitio seguro. En plena pandemia mundial mulleres, nenas e nenos sofren o terror de seren confinados cos seus maltratadores e danse tamén novos casos a raíz da convivencia baixo o estado de alarma. Estase traballando contrarreloxo para conseguir a vacina da COVID-19 mentres as vítimas da violencia machista seguen sufrindo e sen unha cura para esta pandemia.

 

 

 

CV Nana

Naceu en 1983 en Ordes (Galicia), onde reside actualmente. É técnica en xoiaría artística e en Ilustración.

Experimentou co debuxo desde nena e na adolescencia comezou a recibir formación do pintor

Xurxo Martiño, pero é en 2006 cando o graffiti e a arte urbana se cruzan no seu camiño.

Anos despois, e a raíz da súa experiencia pintando na rúa, decidiu realizar os estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña.

En 2014 recibiu unha bolsa Leonardo da Vinci que a levou a Londres para traballar no eido da

ilustración publicitaria.

Nestes anos participou en multitude de festivais de arte urbana en Galicia como, por exemplo,

Derrubando Muros con Pintura, Festival Viladomar, Desordes Creativas ou Vigo Cidade de Cor, e tamén fóra do territorio como Mad Poster Art, en Madrid; San Fest, en Guadalaxara; Loures Arte Pública, en Lisboa; ou Festival MiraMir, en Cataluña.

Sempre lle gustou expresarse con imaxes usando lapis e pinturas para contar historias ou

presentar as personaxes que habitan no seu imaxinario. Na súa paleta sempre leva cores saturadas e vibrantes, que da man de sprays, brochas e rolos forman esas figuras femininas e animais fáciles de recoñecer no seu estilo pola súa mirada.

Actualmente traballa como ilustradora, educadora artística e artista mural independente.