Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Mónica Sueiro

Setembro 2020 - O Rosal

Título da acción: Subterránea

Mónica Sueiro

A acción:

Son subterránea. Lembrades o meu nome? Latexo baixo a terra, nunha corrente que non se ve. Silenciosa? SILENCIADA. Habito nunha illa á deriva desprendida do continente Visible. Nese continente son INVISIBLE. Non me vedes pero ESTOU. Estou e collo forzas. Reivindico a miña presenza. Conquisto a miña palabra. Recoñezo os meus méritos e non me sinto culpable. SON FORTE. Creo as pontes para regresar ao territorio hostil. Collo impulso e habito o continente Visible. O MEU TERRITORIO.

 

 

 

 

CV Mónica Sueiro (Ourense, 1967)

Directora de escena, actriz, dramaturga, figurinista e pedagoga teatral. Diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo. Comeza a súa formación na Aula de Teatro Universitaria de Ourense con Sarabela Teatro, na que compaxina os seus traballos de actriz cos deseños de vestiario. Segue e continúa a formarse con grandes profesionais da interpretación, dirección e creación escénica do panorama nacional e internacional. Traballa como actriz en montaxes con Arela das Artes e A Factoría Teatro, entre outros. Tamén deseña vestiarios para varias compañías. Desde 2007 dirixe e profesionaliza a obra Arribada do descubrimento para o Concello de Baiona. En 2011 crea a compañía Matreska, vixente ata 2014, con dous espectáculos. Desde o ano 2000 desenvolve o seu labor como pedagoga teatral e directora de escena en diferentes institucións de Galicia, e acada varios premios cos grupos que dirixe. Actualmente alterna a actividade escénica coa docencia teatral na Aula de Teatro de Baiona e realiza obradoiros con diferentes colectivos. Despois de estar uns anos centrada só na dirección de escena e na pedagoxía teatral, retoma o seu proxecto como intérprete, atendendo aos códigos escénicos que lle interesan e na procura de novas linguaxes. É a artífice de Quince minutos, estreada en 2018 no Encontro de Mulleres Creando no FITO de Ourense. En 2019 crea a peza DesAlento para a Concellería de Igualdade de Baiona