Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Estíbaliz Veiga

Decembro 2019 - Ponteareas

Título da acción: Recoñecer os golpes que non marcan a pel

Estíbaliz Veiga

A acción:

Unha actriz vai visitando os seus recordos inmediatos camin~ando a partir dunha cancio´n que fala dun sol nacente, dun novo amencer.

DUN XEITO TOTALMENTE INTERACTIVO. Un traballo intimista onde o primordial será a conexio´n directa da actriz cun público participante e activo.

Unha posta en escena sobre mi´nima escenografi´a e recursos te´cnicos para darlles o ma´ximo valor a´s mulleres que serán representadas. Unha acción desde o público para concienciar o público. Un especta´culo que poderá representarse case en calquera espazo, no que o primordial e´ a posibilidade de conectar coas persoas espectadoras. Unha biblioteca, un centro social... son os espazos son~ados para poder acceder a este especta´culo, na procura da maior facilidade de acceso a´ concienciacio´n.

 

CV Estíbaliz Veiga (Celeiro de Mariñaos, Barreiros, Lugo, 1979)

Presentadora, actriz, guionista e pedagoga teatral.

Presentadora en activo de Un país en 360, programa da TVG.

Diplomada en Pedagoxi´a Teatral pola Universidade da Corun~a, formada por Susan Batson (Nova York), John Strasberg (Nova York), Jose´ Carlos Plaza (Madrid) e Macarena Pombo (Madrid). Algúns dos cursos especializados que constan na súa formacio´n en activo inclúen comedia da arte, ballet, equitacio´n, clown, mimo, dobraxe, voz… En 2002 debuta en televisio´n para a TVG con Avenida de Ame´rica (serie diaria, 80 capi´tulos) e desde entón participa en series de gran audiencia da cadena autono´mica (Serramoura, Pazo de familia, Fontealba, O faro, Matalobos…), en late night shows (Os Tonechos, Luar…), en series nacionais (Oeste, Vivir sin permiso, Homicidios e Piratas, en Telecinco; El final del camino, na TVE), en cinema e en ma´is de 30 curtametraxes. O ano pasado rodou con Paco Plaza Quien a hierro mata (2019) e actualmente está de novo en proceso de formación con John Strasberg. Por outra banda, atópase de xira cun monólogo sobre a violencia machista baseado en feitos reais, Golpes (2018, 80 min.), apoiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo, traballa impartindo clases de cinema e intelixencia emocional na Universidade de Santiago de Compostela a alumnado de altas capacidades e é presentadora, guionista e directora de cinco curtas.