Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Elahood

Xullo 2020 - Marín

Título da acción: Protocolo

Elahood

A acción:

Canta realidade atopas nas túas relacións? Cantas veces falas sen sentir e cantas veces sentes sen falar? Cando deixas de lado o que debes "ser", "escoitar", "falar" ou non "falar de máis"?

O eu social fronte a fronte co eu real, o que mostro fronte ao que sinto. Dúas mulleres amosan esta loita interna entre encaixar ou romper.

 

 

 

 

 

CV Elahood

Compañía formada por Sabela Domínguez (1993, A Coruña) e Julia Laport (1993, A Coruña)

Elahood é unha compañía de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez e Julia Laport. Nace co obxectivo de desenvolver a súa visión artística e axudar a promover a danza urbana en Galicia e a súa profesionalización.

Elahood utiliza elementos de varias danzas urbanas coma o hip-hop, o waacking, o house ou o popping, e combínanos de diversas maneiras para crear así un vocabulario persoal que utilizan como medio para contar historias en movemento.

Moitas danzas urbanas, a pesar de nacer en lugares e momentos diferentes e basearse á vez en distintas culturas e estilos de música, teñen en común que xorden como resposta a unha situación social complicada ou de opresión. Grazas a isto xérase unha arte moi real que reflicte emocións humanas moi puras dunha forma moi directa. Mediante esta linguaxe, Elahood conecta co público facendo un estilo de arte moi próximo e accesible.