Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Diana Sieira

Xaneiro 2020 - Forcarei

Título da acción: Nós somos protagonistas

Diana Sierra

A acción:

Esta acción xira en torno á vida das e dos adolescentes que realizarán a xornada creativa. Serán protagonistas tanto no obradoiro coma na acción performativa.

Na xornada creativa abordaremos, usando a comedia como eixe central, diferentes exercicios artísticos que serán disparadores para levar á escena como lles afectan as violencias machistas á súa idade e no seu ecosistema; socialmente, no seu centro de estudos, nas súas familias. Escollerán os seus temas e as súas propias apreciacións sobre estes. Os disparadores serán exercicios de improvisación cómica, parodias de poesías ou cancións, elaboración de textos cómicos, escenas de mimo, performance… sobre bases preparadas previamente por min.

A representación consistirá nun espectáculo de varietés onde eu soamente intercederei como MC (mestra de cerimonias) para introducirlle e darlle ritmo á gala con pequenos monólogos cómicos relacionados co tema Violencia Zero. Elas e eles representarán aquelas escenas que máis nos gustasen na xornada de creación.

CV Diana María Sieira Sánchez (Boiro, 1982)

Diana Sieira é unha todo terreo. Leva subida enriba das táboas desde os 10 anos, e de forma profesional desde os 23. Inqueda por natureza, foi pasando por varias disciplinas, xa na experiencia profesional, xa na súa formación: teatro, canto, improvisación, danza, percusión, cabaret, máscara, clown, monólogo… É nesta última disciplina na que está centrada na actualidade, xirando por toda Galicia co dúo cómico Niñas de la Risa que forma xunto con Ángela Triana.

Foi gañadora do I Concurso de Monólogos Cómicos en Betanzos (2015) e finalista no IV Concurso de La Tuerka (2013). Tamén ten experiencia na formación en teatro e comedia para nenas, nenos e xente nova.

Ademais, desde os 25 anos leva en paralelo a súa carreira como produtora. Tamén aí pasou por moitos ámbitos diferentes: televisión, circo, música, teatro, maxia, títeres… Actualmente podemos vela en Luar, na TVG, coordinando e presentando a súa sección de circo.

Este amplo coñecemento das artes escénicas desde tan diversas áreas de actuación confírelle un perfil amplo e privilexiado á hora de abordar calquera tipo de proxecto, sempre facendo o que máis lle gusta e o que lle dá a vida: ARTE.