Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

ALITA A. M. A.

Novembro 2020 - Moaña

Título da acción: ALITA A. M. A.

ALITA A. M. A.

A acción:

A intervención mural preséntase como unha sorte de homenaxe, unha posta en valor da forza e da carraxe das mulleres, chea de metáforas e simbolismos:

"No interior de cada animal vive unha muller. Disfrazarse con pelaxes, plumaxes e toda clase de complementos carnavalescos que entrevisten personalidades cambiantes co ciclo da lúa. Catalina rexe as idas e vidas a un tobo, niño ou onde queira que habite cada alma… Cada muller leva dentro de si o seu propio instinto animal. Deixarse guiar pola intuición da liberdade, sendo o inmensas que queiramos SER por moi minúsculas que semellemos SER. Dentro do noso ventre albergamos a humanidade enteira despois de caer compracidas tras un orgasmo infinito…" ALITA A. M. A.

 

CV ALEXANDRA MARTÍNEZ AÑÓN

Nacida nunha aldea de Carballo pero nómade desde adolescente. Desde pequena estivo vinculada con proxectos artísticos e tradicionais, por iso é amante do rural, non das cidades cheas de cor gris. Estudou Deseño de Interiores. O seu traballo vai entre a artesanía e os debuxos do apoderamento feminino, onde sempre saen animais e plantas. Son debuxos que contan historias. Participou no proxecto "Derrubando muros", en Carballo, no festival SANFest, en Córcoles, Guadalajara, e en La Voz de la Mujer, en La Palma. Estilista de distintos grupos musicais, actualmente reside en La Palma, onde é fundadora de Osa Polar Espacio Creativo e decoradora do Festival del Monte.