Mulleres en acción Violencia Zero

"P-PERSOA OLA 3", Teresa Búa

Barro, 11 de marzo 2019 ás 12 h, Aula de Música

Nieves Correa

P-PERSOA OLA 3

Persoa Ola é un proxecto completamente autobiográfico cunha marcada visión antropolóxica e sociolóxica. Analizo o mundo desde a miña presenza nel e filtro os paradigmas culturais que se me impuxeron. Contemplo e expoño a miña fisicidade e a miña mente, reflexionando sobre a clasificación humana que me tocou: ser muller. Quero coñecerme a min mesma para poder comprender mellor á alteridade, a TODAS –as persoas–.

A lectura de Historia política do pantalón de Christine Bard, a figura de Vivienne Westwood, a colección Artisanal de Margiela, as saias para persoas con pene de Gaultier e toda a historia da arte feminista así como o concepto de que "o persoal é político" axudáronme a posicionarme como artista e deseñadora.

Agora maniféstome e fago unha declaración de intencións:

PERSOA OLA

(ART IS ANAL) SOMO-S-ANOS

ESCRIBAMOS A HISTORIA POLÍTICA DA SAIA!

 

CV Teresa Búa (Muxía, A Coruña, 1991)

2015-actualidade Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, ESDEMGA

2013-2014 Máster de Creación e Investigación en Arte Contemporánea, UVigo

2009-2013 Grado en Bellas Artes, UVigo, Kingston University (Londres), Universidad Politécnica de Valencia

2018 Lens-based Digital Media Artists Residence Wom@rts, Creative Europe Programme

2017 Primeiro premio XXIV Concurso Jóvenes Diseñadores da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas

2016 Premio Colección Sargadelos Téxtil

2015 Primeiro premio XIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense

2011 Primeiro premio XIII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

 

Exposicións colectivas

2018 "Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico", Casa Galega da Cultura, Vigo

2017 X Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, Deputación da Coruña

2015 "Degenero", Fundación Antonio Saura, Cuenca

2012 "La miniature", 8.º Biennale Internationale de Gravure*, Liège, Bélxica

2011 "Andante", MACUF, A Coruña