Mulleres en acción Violencia Zero

"NON SER MULLER LIBRE MENTRES HAXA MULLERES SOMETIDAS", Rendi Nue

O Grove, 25 de abril de 2019 ás 12 h, Casa da cultura Manuel Lueiro Rey

Nieves Correa

NON SER MULLER LIBRE MENTRES HAXA MULLERES SOMETIDAS

Un lema moi semellante promulgaba a activista estadounidense Audre Lorde. Audre estaba en todas as editoriais e medios denunciando as malas condicións nas que vivían as mulleres en todo o mundo, independentemente de se estaba directamente afectada ou non. Así mesmo, eu non pararei de percorrer os escenarios, rúas, bares, salas, locais, asociacións e calquera lugar público onde poida difundir e consolidar a presenza da muller na música urbana, lanzando a miña mensaxe e os meus valores, desde as líricas do rap e desde a forza da palabra, a través da música e coa alma. Pois iso: Mulleres en acción.

CV Rendi Nue

Cantante, MC e compositora que reside en Santiago de Compostela. Desde moi nova interésase por estilos musicais coma o blues, o soul, o jazz, o reggae, a mestura… Centrando o seu estilo na música urbana comeza a encher cadernos compoñendo raps, combinando con outros estilos musicais coma o dub, a electrónica e o r&b. A música pasa a ser unha parte importante da súa vida como medio de expresión e de revolución, con letras de contido social e persoal, intimista e atmosférico.

Na súa traxectoria formou parte como vocalista do grupo de rap-metal La Suite F lanzando o disco Diamantes brutos, que presentou por toda a península con moi boa acollida. O grupo disólvese a finais do 2013 por motivos persoais e Rendi Nue continúa a súa carreira en solitario. Algúns dos seus traballos lanzados ata agora son: Nadie me conoce (Maqueta 2008), o Ep Zero (2013), o sinxelo Mamba Negra, o Prestazione (na mixtape do compostelano Dj Mil), o LP Shiva (2015), con pistas como Fuerza y Amor (sinxelo incluído na mixtape Moving Ass Vol.1 do colectivo cordobés Big Ass Shakers a modo de dubplate xunto a pistas doutros artistas como Hermano L, Shotta, Lashe, Falsalarma, Legendario, Lasai, Mad Division, Gordo Master e General Levi). Fixo colaboracións nos temas Otra vez borracho (con Mazit), os sinxelos Góngora vs Quevedo (con Sombra) e Perros Lokos Vol.1 (co selo CreoEnMi), entre outros.

O seu último lanzamento é Atmósfera, un EP formado por catro cortes baixo o selo Producciones CreoEnMi, gravado, mesturado e masterizado polo productor Bleis Beats.

Rendi Nue compartiu cartel con artistas como Little Pepe, Nish Wadada, Gata Cattana, Suite Soprano, Denom, Locoplaya, Ricky Hombre Libre, Rebeliom do Inframundo, Niños Velcro, Soge Culebra, Erin (Comando Katana) e George Palmer.