Mulleres en acción Violencia Zero

"ROSA", Nuria Sotelo

A Guarda, 01 de agosto 2019 ás 21 h, Praza do Reló

Nuria Sotelo

ROSA

Solo acompañado de danza para espazos incertos.

Rosa é unha cor.

Rosa é forte e vulnerable.

Rosa é unha flor.

Rosa observa, cuestiona e decide.

Rosa arrecende.

Rosa preguntase, pregúntate.

Rosa que me pariu.

Rosa é a miña inspiración.

Dirección, creación e interpretación: Nuria Sotelo

Duración: 15 minutos

CV Nuria Sotelo                                                                                                                                                         

Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicas e impulsora da compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo. Ligada á danza desde a súa infancia a través do ballet, continúa coa súa formación en danza contemporánea nas aulas de danza e teatro das universidades de Santiago de Compostela e de Ourense, así como en obradoiros internacionais.

Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro: Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante e Matarile Teatro. Premios: Certamen Coreográfico de Madrid 2017, premiada como coreógrafa pola peza Ensayo amor e Premio de Interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón.

Combina a actividade escénica coa docencia nos campos do corpo, a danza e a creación escénica, traballando con adultas, adolescentes, profesionais da escena, grupos de integración e familias. Actualmente está inmersa no proxecto "A Casa Vella", espazo-residencia artística y de infiltración social a través do corpo e da arte no rural alaricano.