Mulleres en acción Violencia Zero

"SOFÍA", Marta Pérez

Lalín, 04 de abril de 2019, a las 12 h, Ayuntamiento de Lalín

Nieves Correa

SOFÍA

Sofía é un pequeno espectáculo unipersoal de Marta Pérez feito ad hoc a partir doutro maior: Sofía e as Postsocráticas. A peza versa sobre a violencia machista desde unha perspectiva filosófica empregando máis concretamente ideas da filosofía grega para buscar un novo logos; é dicir, volver establecer un cálculo verbal –como noutros tempos fixeran os presocráticos– para establecer que é e que non é a violencia machista. A Manada, o caso de Juana Rivas, o silencio como resposta, o chamado victim blaming (culpabilizar a vítima) e a síndrome do espectador resoarán nun diálogo entre a única actriz e a súa peculiar acompañante.

CV Marta Pérez

Actriz e creadora escénica. Directora de Inversa Teatro, compañía coa que presentou as seguintes producións: Expostas, da que é coautora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro (RGTA), Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant, tamén coescrita por ela xunto con María Caparrini, e Fémina Sapiens, de autoría propia. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EE. UU. e Portugal. Licenciada en Filosofía, procura unha linguaxe propia nos seus textos e espectáculos a partir do seu interese filosófico e a súa intención feminista. No 2015 recibe o XV Premio Teatral Maruxa Villanueva e o Premio do público Coiro de Pita da Sala Ingrávida do Porriño. No 2016 recibe o II Premio de Dramaturxia Breve A Pipa de Becerreá pola peza Catiúscas, publicada na RGTA. Coordina os Encontros Mulleres Creando no FITO de Ourense e é activista pola igualdade na cultura.