Mulleres en acción Violencia Zero

"BAILAR AGORA", Marta A. Tejada

Baiona, 23 de xullo 2019 ás 21 h, Xardíns da Casa da Navegación

Nieves Correa

BAILAR AGORA

É un punto de partida e unha investigación de movemento. Bailar agora propón unha parada no corpo para detectar como ten instalado nel o paso do tempo. Para situar como se ve afectado polas experiencias, as presións sociais e o contexto. Unha revisión sobre o vivido e o presente. Aquí e agora un corpo de muller de 35 anos que se recoñece e se baila.

CV Marta A. Tejada

O seu traballo como bailarina e creadora está ligado fundamentalmente á plataforma de creación galega trasPediante, coa que firma e participa en numerosas pezas. Ademais, traballa para importantes compañías galegas como Elefante Elegante, configurando un perfil artístico multidisciplinar que desde a danza se achega ao teatro físico e ao circo.

Combina o seu facer escénico cun intenso labor pedagóxico na Escola de Danza Alfaia de Santiago de Compostela, da que é promotora e coordinadora; e coa dirección, desde 2011, de Corpo(a)terra, o festival de danza e artes de corpo de Ourense.

É bailarina e profesora de ballet clásico titulada pola Royal Academy of Dance (Londres). Licenciada en Psicoloxía pola UAM (Madrid) e a USC (Santiago de Compostela), e formada en Danza Terapia pola Fundación Maite de León (Madrid). Ten un máster en Artes Escénicas pola Universidade Rey Juan Carlos (Madrid) e foi seleccionada polo CCG para o Tour d´Europe des Chorégraphes (2010-2011) desenvolto en Alemania, Francia, Irlanda, Galicia e Polonia.