Mulleres en acción Violencia Zero

"GUERREIRAS MANDINGAS", Konafro

A Illa de Arousa, xullo 2019

Nieves Correa

GUERREIRAS MANDINGAS

O peso da terra e a fusión dos tambores e da danza tradicional da costa oeste africana serán os elementos que Konafro utilizará para dar un espectáculo cheo de forza, cor e enerxía. Unha actuación cargada de feminidade, centrada en ritmos e danzas dedicadas ás mulleres: como nenas, como bailarinas, como guerreiras.

As sete compoñentes do grupo achegaranlle ao público unhas pinceladas desta marabillosa cultura, buscando crear un espazo onde a alegría flúa e os corpos se deixen levar ao son de dundúns e djembés. A unión coa terra, o sentir dos ritmos e as historias que vos contarán non vos deixarán indiferentes. Un espectáculo de mulleres que será un verdadeiro gozo para os sentidos.

CV Konafro

Xorde en 2016 como grupo afeccionado formado por cinco alumnas das aulas de percusión e danza tradicional da costa oeste africana que imparten o mestre Andrés Rivero e a mestra Tania Veiga na Asociación Galinké, en Santiago de Compostela. Dundúns e djembés son os instrumentos principais que acompañan un espectáculo cheo de boa vibra.

A día de hoxe xa somos sete mulleres, sete guerreiras, todas en constante formación musical e artística.

Entre as últimas actuacións destacan:

  • Concerto Alkebu-Lan. Cultura africana para protexer os nosos montes na Asociación Himba (Vigo, 2018)
  • Concerto Galinké Folí na Asociación Galinké (Ribeira, 2018)
  • Obradoiro de danza e concerto da Festa da Diversidade da Asociación AMBAR (Ribeira, 2018)
  • Obradoiro de danza e concerto do CSA O Fervedoiro (Ribeira, 2018)