Mulleres en acción Violencia Zero

"CORPUS INTERRUPTUS", Silvia Antolín

Ponteareas, 17 decembro 2018, ás 12 h, Baixada ao Cra Raíña Aragonta

Silvia Antolín

CORPUS INTERRUPTUS

O meu traballo desenvólvese no eido da performance máis experimental, abordando as implicacións do corpo nos territorios máis contraditorios do social, o político e o antropolóxico, onde as cuestións de xénero son igualmente fundamentais no meu universo creativo. A través da creación de espazos reais de acción abordo cada performance como unha experiencia única, deixándome contaminar polo contexto, que se converte nun detonante fundamental para o conxunto das miñas propostas.

CV Silvia Antolín (Santander, 1970)

Artista multidisciplinar, formada en escultura e en danza, utiliza a performance como o seu principal medio de expresión. Con máis de quince anos de experiencia nesta práctica, as súas accións amosáronse en gran parte do territorio nacional, Europa e México. Algúns exemplos son: 

Octubre CCC, Valencia. La Regenta, Gran Canaria. Chámalle X, Vigo. Espacio C, Cantabria. Espai d´art Contemporani de Castelló (EACC). XV Bienal de Arte Contemporáneo de Cerveira, Portugal. ANTI, Finlandia. Art festival Interakcje, Polonia. Ex-Teresa Arte Actual, México D. F.

"Das accións de Silvia Antolín poderíamos destacar o modo que ten de usar o tempo. A acción vibra en perfecto acorde coa performer, cos seus latidos, as súas cadencias e as súas pausas. Dá a impresión de que cando Silvia estrutura a súa performance deixa un oco preciso nela no que axusta o seu corpo, o seu movemento e o seu propio xesto, formando unha unidade espazo-temporal na que nada está desaxustado; o tempo fíxose brando e encaixa por todas partes".

Bartolomé Ferrando