Mulleres en acción Violencia Zero

"O QUE SEGUE", Cristina Balboa

Cambados, 20 de febreiro de 2019, ás 12:50, IES Ramón Cabanillas

Cristina Balboa

O QUE SEGUE

O que segue:

Oxalá o soubese...

Deixémolo nunha pregunta que intentarei responder de moitas maneiras ata que me dea conta de que non se pode. E entón será outra cousa. Pretende ser una peza alucinante, un bo espectáculo, que o ves e flipas por colores. Durante os procesos véñenme á cabeza un montón de imaxes de éxito, recollendo premios, comendo en sitios con menú degustación, ríndome e explicándolle a todo o mundo o secreto do meu éxito. Logo, no real, pretendo ser modesta. Eses soños non son malos porque me fan buscar o nunca visto, a idea perfecta. E ás veces pasa, así que hai que seguir intentándoo.

CV Cristina Balboa (Cambados, 1979)

Artista escénica e videorealizadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, o audiovisual e a música se mesturan na súa proposta artística. 

Desde 2011 dirixe a compañía Funboa Escénica, cofundada no 2011 con Paulina Funes, na que destacan as pezas Oiseau Rebelle con Paulina Funes (2011), Sigue Buscando con Estevo Azañón (2013) e Sushi Gratis con Lúa Gándara (2015). No 2015 realiza o máster en Práctica Escénica e Cultura Visual pola UCLM que resultou na peza en solitario Lo que mejor hacemos sobre el escenario.

No 2018 estrea Masa madre+sal marina co seu compañeiro Manuel Parra. Xuntos investigan en Proxecto Pank, un viveiro de propostas artísticas multidisciplinares. Para o seu  próximo proxecto Lo que sigue foi apoiada cunha "Residencia Paraíso" 2018 do colectivo RPM da Coruña.