Noticias

Deputación e concello promoven un filme dirixido por Zarauza sobre a transformación urbana de pontevedra

Carmela Silva: "Non hai nada máis potente que poder realizar un filme sobre Pontevedra para poñer a esta cidade no centro do interese nacional e internacional"


05 novembro 2021
A rodaxe do filme, que se titulará

"Non hai nada máis potente que poder realizar un filme sobre Pontevedra para poñer á cidade no centro do interese a todos os niveis, nacionais e internacional" asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na rolda de prensa onde xunto ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e ao cineasta Alfonso Zarauza, deuse a coñecer a posta en marcha dun filme documental sobre a transformación urbana da cidade. A peza audiovisual, que será dirixida por Alfonso Zarauza,  forma parte do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o concello, que ascende a 124.200 €, para o desenvolvemento de actividades culturais, de lecer e de promoción da cidade.

A presidenta da Deputación destacou a importancia do cinema para a atracción turística das cidades e asegurou que "o que non se conta, deixa de existir, e a través deste documental estamos a deixar un legado para as vindeiras xeracións, para que entendan as transformacións de Pontevedra e que, dentro de 100 e 200 anos, poidan ver o que aconteceu, o relato dos cambios". Na mesma liña se pronunciou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao amosar o seu desexo de "poñer a Pontevedra no mapa, cun documento que teña percorrido de presente e futuro, perdure, quede para a historia e teña presenza en moitos foros e, para isto, o cinema é fundamental". Tanto a presidenta da Deputación como o alcalde de Pontevedra destacaron o "grande acerto" da elección de Alfonso Zarauza, ao que Silva cualificou como "un dos grandes directores galegos a nivel nacional e internacional que consigue que todo o que fai se converta en elemento que visibiliza o noso país".

 A película "Pontevedra, hora cero", como así se chama o filme que promoven a Deputación e o concello de Pontevedra, comezará a súa rodaxe nas vindeiras semanas e contará coa interpretación das actrices Melania Cruz, Marta Alado e Ledicia Sola. Alfonso Zarauza, o seu director, gran amante da arquitectura e do urbanismo, destacou que se trata  dunha mediometraxe na que se mestura ficción e documental a través "dun relato no que se retrata a alma de Pontevedra dende unha mirada propia do que aquí está acontecendo, que perdure no tempo e se mova por todos os circuítos".  Así, a través da película proxectarase a transformación urbana de Pontevedra acometida ao longo dos últimos anos e o modelo urbano implantado na cidade.

Vídeos