Proxectos europeos

AGRITOX

Convocatoria:   programa Interreg 2014-2020

Eixe: Research and innovation

Temática: prevención e xestión de riscos de orixe natural, climática e humana.

Orzamento total: 1.954.138,80 €

  • Orzamento da Deputación de Pontevedra: 204.494,60 €
  • Cofinanciamento:  fondos Feder, 75 %

Prazo de execución:   do 1/4/2019 ao 31/12/2021 (33 meses)

Empresa redactora: Econet Consultants

RESUMO DO PROXECTO

O obxectivo de AGRITOX é proporcionarlle á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de micotoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema de saúde.

TÍTULO DO PROXECTO

Prevention and Mitigation of the Mycotoxin Contamination of Food and Feed caused by Climate Change

Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas de alimentos e piensos polo cambio climático

Acrónimo: AGRITOX

CÓDIGO: EAPA_998/2018

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Os socios de AGRITOX desenvolverán sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenamento. Cada un deles conta cun perfíl específico que se necesita para alcanzar os obxectivos e resultados do proxecto. Ademais, teñen unha experiencia destacada en proxectos de cooperación da UE, a saber: USC, QUB e FCUP son algúns dos centros de investigación con máis experiencia en toxicidade alimentaria, non só na área atlántica senón tamén a nivel da UE; DEPO-EFA participa pola súa dilatada experiencia na identificación de patóxenos fúnxicos en mostras vexetais. Cada socio ten un rol específico e todos eles participarán en todas as etapas do proxecto, o que garantirá una implementación conxunta e un valor agregado transnacional. Este sólido consorcio permite un traballo continuo de transferencia sobre a prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas.

OBXECTIVO

O principal obxectivo que se busca con este proxecto é establecer unha cooperación internacional que contribúa a reducir os riscos e o impacto das micotoxinas na saúde, reforzar a seguridade na poboación e o medio ambiente, fortalecer a capacidade de recuperación e planificación das rexións da Área Atlántica para a xestión de riscos naturais e os derivados de actividades humanas. AGRITOX contribuirá a mellorar os plans de acción de xestión de riscos e as estratexias da Área Atlántica para proporcionar una resposta adecuada e coordinada a posibles riscos emerxentes. É dicir, co proxecto AGRITOX proporcionaráselles ás industrias de alimentos e pensos do Espazo Atlántico información e solucións para evitar a contaminación por micotoxinas, un reto crecente debido ao cambio climático e que representa un problema para a saúde.

Para acadar ese obxectivo propóñense as seguintes fases:

  1. Establecer unha rede entre os socios e as partes interesadas.
  2. Concienciar as industrias dos efectos negativos da contaminación por micotoxinas e a súa relación co cambio climático.
  3. Deseñar unha ferramenta conxunta e fácil de usar para a industria, baseada nas experiencias dun programa piloto.
  4. Transferir eses métodos á industria.

SOCIOS

NÚMERO ENTIDADE POSICIÓN PAÍS REXIÓN
1 Universidade de Santiago de Compostela Lead partner España Galicia
2 Queen's University Belfast Partner Reino Unido Irlanda do Norte
3 Facultade de Ciencias Universidade de Porto Partner Portugal Norte
4 Agriculture and Food Development Authority (TEAGASC) Partner Irlanda Sur e Leste
5 Laboratorio CIFGA, S. A. Partner España Galicia
6 Deputacion de Pontevedra- Estación Fitopatolóxica Areeiro Partner España Galicia
7 Agence Nationale de Sécurité Sanitaire de l'Alimentation, de l'Environnement et du Travail Partner Francia Bretaña
8 Cooperativa Agrícola Vila do Conde, CRL Partner Portugal Norte
9 Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición Associated Partner España Comunidade de Madrid
10 Autoridade de Segurança Alimentar e Económica Associated Partner Portugal Área Metropolitana de Lisboa
11 Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, I. P. Associated Partner Portugal Área Metropolitana do Porto

 

Logo Interreg