Plans e proxectos

Proxecto de muller e sustentabilidade do mar

Nome do programa: Sustentabilidade en feminino

Obxectivos: amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares e dar voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que transmitan a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación dos océanos.

Persoas destinatarias: cidadanía en xeral.

Actividades que se desenvolven: creación da páxina web Sustentabilidade en feminino, produción de pezas audiovisuais destinadas a exposición e mostra itinerante do resultado da investigación.

Medios: recursos humanos e materiais destinados ao programa.

Tempo previsto para a súa consecución: un ano.

Enlace da web: http://marenfeminino.campusdomar.gal/

Última modificación: venres, 07 setembro 2018