Plans e proxectos

Plan Reequilibrio 2017

Nome do programa: subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares para a mellora do reequilibrio territorial dos servizos, concellos de menos de 20.000 habitantes (Plan Reequilibrio) 2017

Obxectivos:

  • Plan de carácter complementario para paliar as deficiencias específicas que teñen os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia
  • Plan que permite cumprimentar o obxectivo básico e prioritario da correcta prestación de servizos á poboación naqueles concellos que continúan con carencias: déficit de zonas verdes e espazos ao aire libre, parques e xardíns; insuficiente dotación de equipamentos socio-culturais, administrativos e deportivos a un gran número de situación que empobrecen a calidade de vida da súa poboación respecto do resto dos concellos da provincia

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes. En total concedéronselle a 25 concellos da provincia.

Actividades que se desenvolven:

  • Equipamentos socio-culturais, administrativos, deportivos, de ocio e lecer e outros:
    • Construción de novos equipamentos municipais
    • Remodelación, reforma, rehabilitación e adecuación de edificios destinados a usos de equipamento municipal ao servizo de toda a cidadanía
  • Espazos ao aire libre ou de ocio locais: reforma ou adecuación de prazas, paseos ou alamedas, que garantan o seu uso por toda a cidadanía
  • Singulares: o carácter de "singular" das actuacións adquíreno, de maneira alternativa se reúnen as seguintes condicións:
    • Fases de remate das obras presentadas á convocatoria do PICEI 2016.
    • Actuacións cun orzamento superior ao que lle correspondeu ao concello solicitante no Plan Concellos 2017 na Liña 2 de investimentos.

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo e 1 arquitecto
    • Xefa de servizo, 1 técnico de administración xeral e 1 administrativo
    • Comisión de valoración
  • Económicos: ano 2017-2019. Financiamento da Deputación:
    • Ano 2017: 6.000.000 €
    • Ano 2018: 6.000.000 €
    • Ano 2019: 6.000.000 €

Total: 18.000.000,00 €

A concesión do ano 2019 reduciuse a 2.983.338,63 € e o total foron 14.983.338,63 € por parte da Deputación.

  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan.

Tempo previsto para a súa consecución: en total 2 anos (2017-2019).

Enlace da web: https://www.depo.gal/subvencions-investimentos-mellora-do-reequilibrio-territorial-dos-servizos

Última modificación: venres, 07 setembro 2018